Hoxe traémosvos unha nova proposta de lectura de imaxes, a fotografía.
Cada mércores, achegarémosvos unha ou varias fotografías que pola súa temática, polo que nos transmitan, pola relevancia do seu autor,... consideremos que son obras de arte que non deberíades perder a oportunidade de coñecer e mesmo admirar.
E para comezar farémolo con Gregory Colbert, un fotógrafo e cineasta creador de "Ashes and Snow" unha exposición fotográfica e de vídeos que viaxa no Museo Nómada. Unha das maiores exposicións feitas nunca por un só autor en Europa.
Unha exposición que pola súa plasticidade e beleza consigue sorprendernos, admirarnos, pero sobre todo conmovernos e emocionarnos.
É poesía visual, unha poesía que aloumiña o noso esprito.
Non vos perdades a 2ª parte o vindeiro mércores!!
Esta entrada dedicámollela aos membros do club de lectura Ars Legendi
4 comentarios:
Moitísimas grazas pola dedicatoria e por TODO. G. Colbert é un xenio da fotografía, un mago das sensacións e consegue coas súas imaxes enternecernos e transportarnos a mundos que semellan irreais. No noso blog do club de lectura Ars Legendi a imaxe do elefante que escoita(?) atento ao rapaz que le quere ser un símbolo desa irrealidade que nos rodea e da que participamos, ás veces, sen querer.
Unha forte aperta e boas lecturas.
Son marabillosas. Eu tamén as tiña gardadas como verdadeiros tesouros porque, como toda poesía, hai que volver de cando en vez. Grazas por esta entrada tan magnífica. Bicos. E feliz ano
Para comezar con esta proposta semanal de fotografía, non sabíamos de ninguén mellor que Colbert e a súa marabillosa poesía visual. E falando deste artista é inevitable lembrar a Ars Legendi.
Como di Ronsel, un verdadeiro tesouro que non debemos esquecer.
Bicos e Feliz 2009!!
preciosas!! transportan a un polo mundo, como persoas que compartimos este increíble planeta terra.
Publicar un comentario