Light graffity, ou graffity de luz, e un dos movementos que xurde arredor do graffity. Unha mostra de arte urbano que mestura luz e fotografía.
Un dos primeiros graffiteiros con luz, probablemente, foi Picasso. Velaí tedes un par de probas de tal afirmación.
Un dos primeiros graffiteiros con luz, probablemente, foi Picasso. Velaí tedes un par de probas de tal afirmación.
Para crear imaxes, tanto fixas como en movemento só e necesario unhas cantas luces de distintas cores, unha cámara e moita imaxinación.
O Light Graffity é arte participativo, creativo e sobre todo moi divertido. Calquera pode participar, e ademáis ten un matiz engadido... a intriga. No veredes a vosa obra, mentres non reveledes as fotos, xa que o debuxo queda exposto en negativo coa foto que sacáchedes.
Aquí tedes algúns exemplos.
Gústavos, eh? Deixovos aquí un titorial, por se vos animades e queredes pasar unha fin de semana con moito arte...
3 comentarios:
Noraboa, nesta ocasión O Segrel adiantouse a Iniciarte que tiña en mente, sen data determinada, facer unha entrada sobre "este" Picasso. Parabéns
Canto arte tedes os dous (Antonio e máis ti). Rebosades arte por todos os poros da pel (e ademais é un bo arte, non calquera cousa)
Encántanos o Graffity, e que vos vou a contar a vós que non saibades da miña paixón pola fotografía...
Estou desexando practicar este "light graffity"
Publicar un comentario