domingo, 25 de enero de 2009

Colección de Cubertas de Daniel Gil

Vía Brétamas, descubrimos a existencia dunha marabillosa colección de cubertas deseñadas por Daniel Gil para Alianza Editorial e que Álvaro Sobrino, deseñador gráfico, periodista e editor, reuniu durante anos en librerías de vello, mercadiños, etc. e que subiu a Flickr para disfrute de todos os amantes do arte e o deseño.

Nós, o único que aportamos, e grazas a unha das múltiples posibilidades que Flickr nos ofrece, é achegarvos unha presentación con esta magnífica colección de 938 extraordinarias cubertas.

Vós, o que tedes que facer, é sentarvos e disfrutalas.


Created with Admarket's flickrSLiDR.
Agradecer a Álvaro Sobrino a seu magnífico traballo e a súa xenerosidade ao compartilo con todos nós.

2 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Sempre me impactoron estas cubertas. Alianza foi a primeira colección "adulta" que tiven.

Loly dijo...

Ai, o que choveu dende entón...!! Realmente son, como ti dis, impactantes e o traballo de recuperación de Sobrino, impresionante.

Related Posts with Thumbnails