mércores, 14 de xaneiro de 2009

Gregory Colbert (II)

Se vos gustou a presentación fotográfica da semana pasada, non vos perdades estes vídeos.

Só necesitades uns minutos para disfrutar da beleza que supón a verdadeira comunión entre home e natureza no seu estado máis natural e nun contorno de armonía e paz.

Apagade as luces, acomodádevos ben e deixádevos levar pola maxia desta fermosísima poesía visual.

ASHES AND SNOW


FLYING ELEPHANTS



"Sentirse asombrado pola natureza en todas as súas formas é a alma de Ashes and Snow. Intentei deixar abertas as fiestras e as portas para que outras persoas poideran entrar e sentir o mesmo asombro que sentín eu durante cada momento da creación do traballo."
Gregory Colbert

Máis Información en:
Ashes and Snow

O Segrel quere dedicarlle esta entrada a Emilio Varela Rivera, periodista e naturalista galego con quen compartimos unha interesantísima xornada o pasado 19 de decembro e da que daremos cumplida conta neste blog.

3 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Moi fermosos. O terceiro vídeo non se pode ver.

Loly dixo...

Esto é o que pode ocorrer cando se programan as entradas con máis dunha semana de antelación.
Grazas polo aviso.
Apertas!!!!

Ronsel dixo...

Preciosos... aínda que sexan dous!

Related Posts with Thumbnails