miércoles, 10 de marzo de 2010

O Segrel lendo Mulleres

Iso exactamente foi o que fixemos mañá e tarde, ler textos escritos por mulleres.

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende "O Segrel do Penedo" quixemos poñer o noso gran de area nesta tarefa común de facer deste un mundo mellor e máis xusto para tod@s.

Pola mañá, durante o recreo, organizouse unha actividade que cada día ten máis adeptos "Música e Poesía". Nesta ocasión aos participantes, profesorado e alumnado de todos os cursos, que estiveron acompañados por Serafín Santamariña de 1º de ESO, que tocou varias pezas(1) co seu acordeón, só se lles pediu que leran textos escritos por mulleres e así o fixeron, incluso unha profe, Mª Carmen Arnoso e unha alumna, Sara Sabín, leron dous fermosos textos escritos por elas.

E pola tarde, día de reunión do Club de Lectura de pais, nais e profesorado, decidimos participar na iniciativa "Fene lendo Mulleres" que a Concellería de Servizos Sociais, Benestar e Igualdade está a desenvolver dende hai xa 10 anos e cunha grande participación por parte de veciños e amigos do concello.

Velaí tedes algúns dos poemas, textos e artigos de opinión que cada un de nós, e por motivos moi diversos, elixiu para este día.


Foi unha marabillosa xornada na que, do mellor xeito que sabemos, a través da música e a lectura, seguimos a facer ese camiño pola igualdade e o respecto aos demais.


(1) Actualización 12/03/10

"A cidade asulagada": Tradicional (Arranxos de Bieito Romero)
"O valse do vello fidalgo": Xosé Lois Romero Cajigal
"O Valse de Arousa": Tradicional (Arranxos de Rodrigo Romani)
"Escenas medievales": Tito Marcos

3 comentarios:

Bibliomanía dijo...

Coma sempre da gusto entrar na vosa biblioteca e sentirse partícipe, aínda que só sea virtualmente.

Saúdos.

Bibliomanía dijo...

Coma sempre da gusto entrar na vosa biblioteca e sentirse partícipe, aínda que só sea virtualmente.

Saúdos.

Loly dijo...

Grazas Loli. Foi unha fermosa xornada de lecturas compartidas con rapaces, pais, nais... todos xuntos percorrendo o camiño da educación na igualdade.
Apertas dende Fene

Related Posts with Thumbnails