
"Máis o libro tampouco estaba alí. Non sabía como se perdera, non lembraba terllo prestado a ninguén, nunca deixaba libros tan persoais como aquel. Pero tiña que aceptalo, resignarse a mercar unha edición nova, aínda sabendo que nunca sería o mesmo, pois os libros que amamos levan tamén a memoria de nós e dos nosos soños entre as súas páxinas"
2 comentarios:
UNHA FRASE BEN FERMOSA.
Saúdos agarimosos.
Unha frase do noso benquerido e admirado Agustín Fernández Paz nun dos nosos favoritos "O único que queda é o amor".
Pódese acaso pedir máis?
Publicar un comentario