xoves, 4 de marzo de 2010

O Noso Entroido Solidario

Nesta ocasión foron o Xacobeo e os Camiños de Santiago os protagonistas do noso Entroido e o motivo non foi outro que o Proxecto Interdisciplinar que se está a levar a cabo en 1º e 3º de ESO.

Dende O Cebreiro ou dende Ferrol ata o Monte do Gozo, os camiños Francés e Inglés percorren todas e cada unha das nosas aulas e despachos. Dous camiños que son o eixo que une as distintas dependencia do centro.

E non podía faltar un mercado medieval onde vender os produtos típicos da época que nos permitiron facer unha boa recaudación para enviar a Haití a través da ONG Save The Children coa que estamos a colaborar dende hai xa tres anos.


Profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos fixemos todo o posible para que este entroido fora unha festa ben divertida, sen esquecer aos alumnos e profes italianos que estaban a pasar unha semana connosco e non quixeron perderse a celebración. Mesoneiras, monxes, pelegríns e algún que outro personaxe máis "actual" participamos nun fantástico concurso de disfraces, no segundo concurso de regueifas e, como ben sendo habitual, rematamos cunha extraordinaria actuación dun dos grupos de rock fiormado por rapaces do centro aos que tamén acompañou Pablo o profe de inglés.


Grazas a tod@s pola extraordinaria participación e polos vosos fantásticos disfraces. O curso que ven máis!!

Crédito das imaxes Fátima Ares e Carolina Herrero de 2º Bach. e O Segrel.

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails