lunes, 8 de marzo de 2010

Día Internacional da Muller



O 8 de Marzo é unha data de reivindicación do papel da muller na sociedade. Unha data, recoñecida pola ONU, na que se pretende reivindicar a presenza da muller en plano de igualdade co home na nosa sociedade.

Máis para acadar este obxectivo queda aínda moito que facer, moito polo que traballar na casa, na escola... Dende todos os ámbitos da nosa sociedade compre poñer en valor o traballo da muller, compre poñer en valor á MULLER!!




MULLERES DO MUNDO...



MULLER

Non deixes
que te aniquilen.
Nin que decidan
ou pensen por ti.
O cotián
xa non enche.
Necesitas respirar,
necesitas fuxir.
Hai un mundo
aí fóra
esperándote muller.
Non ves
que non queda tempo?
Este tren
non se demora.
Apura a vida, muller.
Hoxe pode ser
o teu día.
O sol saíu para ti.
A aventura
de espertar,
de facer o que queiras.
Comeza a batalla.
Rompe a cuncha.
Que saia a loitadora.
E vive, muller.
Mira, toca,
goza, grita...
Sinte e soña.
Túa vida é só túa.
Experimenta
Asun Estévez
"Pel de Muller"
Máis información en:

Día Internacional da Muller Traballadora

Album de Mulleres

Día Internacional de la Mujer

Sufragismo y Feminismo

Mujeres en Red


Guía de Género

Día Internacional de la Mujer (Educared)


Esta entrada adicámoslla a Shimaa e a todas as extraordinarias mulleres exipcias que están a loitar por un futuro mellor en liberdade e, por suposto, a todos os homes que están a facer ese camiño ao seu carón, que tamén os hai!!


Clicade nos carteis para ver as imaxes ampliadas.

4 comentarios:

olga dijo...

Que así sexa: conquistando milímetrso e sen un paso atrás.

Loly dijo...

Canto camiño percorrido, máis canto aínda por facer... para acadar un mundo mellor e máis xusto.

Unitaria de Vide dijo...

¿decatádesvos que TODO o mundo celebra este día?
Que longo camiño recorrido nuns poucos anos!!!!!
unha apretasa.

O Segrel do Penedo dijo...

Con MULLERES coma vós, ese camiño que queda por percorrer será moito máis doado.
Bicos femininos e loitadores.

Related Posts with Thumbnails