venres, 12 de marzo de 2010

Carreira Solidaria con Haití

O venres pasado, e dentro da semana solidaria que estivemos a celebrar, o equipo da Axenda 21 organizou unha Carreira Solidaria para recaudar fondos para Haití.

Os máis de 50 participantes de todos os niveis educativos, encargáronse de buscar patrocinadores entre o profesorado e o resultado non puido ser mellor pois tendo en conta que cada volta á pista tiña un valor de 0.50 € os rapaces e rapazas deron unhas cantas.

Tras o reconto final e sumadas as recaudacións pola carreira solidaria, os marcapáxinas solidarios, as doacións de particulares, a venda de larpeiradas na Celebración do Entroido así como os premios aos mellores disfraces e postres de entroido aos que algúns dos gañadores renunciaron en favor da nosa causa o total recaudado ascende a máis de 1.000 €


Agora xa só queda o seu envío á ONG "Save the Children" coa que xa levamos traballando varios anos.

Parabéns a tod@s @s que de calquera xeito participaron nas distintas iniciativas desenvolvidas ao longo da semana, un fermoso exemplo de solidariedade cos máis necesitados.

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails