Despedimos o inverno cunha foto dobremente redundante. Fíxoa no mes de xaneiro o astronauta Jesse Garcia. Estaba de vacacións na terra dos seus avós recuperándose do “pau” que lle supuxo a súa exclusión a última hora da Expedition 23. A cousa empezouse a torcer cando faltaban tres minutos para o lanzamento do transbordador espacial e se lle ocorreu preguntar por que todas as fotos da superficie lunar eran nocturnas.
Abortaron o lanzamento cando volveu a falar para preguntar que pasaba no hemisferio sur ao empezar a primavera no hemisferio norte. De nada lle valeu dicir que estaba bromeando.
Na actualidade Jesse Garcia entretense lendo o traballo que tería marcado para cada día e facendo preguntas capciosas aos amigos. Velaquí a última: o cambio de estación é simultáneo en todo o planeta ou ocorre por franxas horarias?
O seu substituto na Expedition 23 é Soichi Noguchi, o astronauta que máis ten feito pola normalización da cultura galega.
sábado, 20 de marzo de 2010
Ás 18:32 empeza a primavera!
Labels:
Astronomía,
Ciencia
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario