Hai xa uns cantos días, que a actualidade, tozuda ela, fixo que este artigo se retrasara, o primeiro que fixen nada más sair da casa foi coller o xornal e, como todos os días, a primeira ollada foi para o artigo de opinión da última páxina. E alí as atopei, alí estaban da man de Rosa Montero, Mari e as súas amigas, e tras elas apareceron Julia e outra Mari... Cantas máis?
En España, hai casi un millón de persoas, a maioría mulleres, que non saben ler nen escribir. Mulleres que tiveron que sair adiante sen máis axuda que a súa forza e a súa valentía para enfrontarse a un mundo moi difícil, a un mundo terriblemente hostil cando non contas coa axuda destas ferramentas case imprescindibles na nosa vida cotiá.
En España, hai casi un millón de persoas, a maioría mulleres, que non saben ler nen escribir. Mulleres que tiveron que sair adiante sen máis axuda que a súa forza e a súa valentía para enfrontarse a un mundo moi difícil, a un mundo terriblemente hostil cando non contas coa axuda destas ferramentas case imprescindibles na nosa vida cotiá.
Pero estas mulleres, con esa mesma valentía, decidiron non rendirse, decidiron que os anos non tiñan que ser un obstáculo para acadar o que tanto ansiaban, que o tempo, terrible enemigo, ía ser un aliado co que logarían chegar a disfrutar do poder da palabra.
María cóntanos que para ela, a posibilidade de aprender supuxo "ver un ceo aberto", un ceo aberto polo que a luz entraba a raudales para acabar coa terrible escuridade na que estivera sumida durante case toda a súa vida
3 comentarios:
Eu aínda recordo a miña nai, estudando xa de maior, para sacar o graduado escolar e non vos podedes imaxinar o orgullosa que me sentín e me sinto da súa forza e do tempo que adicou a cultivarse (e que aínda dedica), para algúns e algunhas a vida non resultou nada fácil, daba igual que foses lista ou non, non tocaba estudiar e punto... simplemente porque non se podía.... ¿e os nenos e nenas de agora, e os adolescentes, pensan, algunha vez,na enorme sorte que teñen por poder aceder a uns estudos?
Eu tamén coñecín mulleres así cando comecei a traballar. Viñan doutra cultura: a cultura do esforzo.
Hoxe, esto non existe. Ou é residual, Marina.
ë o que hai.
Admiro fondamente a todos eses homes e mulleres que, cando xa parecía que a esperanza de aprendar desaparecera, xurde esa luz e todo cambia para eles.
Eu tamén coñezo algún caso na familia que nunca serei quen de esquecer, nin quero tampouco.
Bicos para as dúas!!
Publicar un comentario