martes, 13 de xaneiro de 2009

Ata Cando Esta Barbarie?

Ata cando seguiremos pedindo que remate este xenocidio?


Ata cando seguirá morrendo xente inocente?


Ata cando teremos que esperar para ver a fin desta barbarie?


Ata cando seguiremos berrando BASTA XA?


Ata cando...?


Para amosar a nosa repulsa a tanto horror, presentámosvos os debuxos de Eneko, un artista que coñecimos a través dun blog amigo "El balcón abierto" e que nos impresionou pola súa temática, pola súa forza e o seu compromiso.


Os debuxos de Eneko fálannos da barbarie, da senrazón, das inxustizas, da violación dos dereitos humanos, ... a súa obra fálanos de Gaza


"A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silenzo dos bondadosos"
Martin Luther King

2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Espectaculares ilustracións.

O Segrel do Penedo dixo...

Gustáronnos, ademáis de pola súa calidade, polo que supoñen de compromiso dun autor e a súa obra. Aínda que somos conscientes de que cando se fala de "arte e artistas" a autoridade é Iniciarte.

Related Posts with Thumbnails