domingo, 23 de maio de 2010

Xornada Gastronómico-Plambeira en Vide

Que todo non vai a ser traballo, memorias e demáis..., que tamén hai que facer de vez en cando un alto no camiño para tomar folgos e poder continuar nesta tarefa esgotadora de tirar dun carro ao que últimamente se lle están a poñer tantos paus nas rodas... E que mellor xeito de facelo que en Vide, con dúas extraordinarias anfitrionas Sabela e Lurdes e as "Pandereiteiras de Vide" que o deixaron todo para acompañarnos coa súa música e os seus bailes e cancións nun día inesquecible. Entrade en Radio Barullo e disfrutaredes dalgunhas das súas cancións.

Velaí tedes a reportaxe gráfica de "parte" do que alí aconteceu o pasado sábado. Degustación dunhas riquísimas lampreas, a visita ao CEIP de Vide e á súa Veiga, un café coas exquisitas filloas de Teresa -non perdas as mañas...- e a música destas extraordinarias mulleres de Vide na Casa da Auga. Se pode pedir máis para un fermoso día de celebración que se está a converter nun xa tradicional fin de curso plambeiro en Vide?.

O ano que ven, vémonos na Carballeira!!



E non podiamos deixar de facernos eco das respostas a algunha das grandes cuestións que últimamente nos están a quitar o sono e que, tras esta xornada festiva, seique atopou "O HOME das BE". Bueno, así é como el parece sentirse...

"Por que aos funcionarios non nos avalian por obxectivos?
Por que os nosos salarios non dependen da produtividade?

Sabedes por que?

Porque non hai cartos na Xunta para pagar o traballo de mestras como Sabela e Lurdes. O seu traballo supera a xornada letiva. O seu traballo de mestras-compañeiras-amigas é durante todo o día. Poder comprobalo foi todo un luxo.

Que ESCOLA!!!

Que nais as de VIDE!!!
"

5 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Foi un fermoso día: polo xantar, pola compaña, pola música...

Encarna dixo...

Que boa pinta ten todo iso!!!!!!!

olga dixo...

Alégrome de tanta alegría. Que fermosa escola. Iso é, de verdade SER MESTRA.

O Segrel do Penedo dixo...

Foi un día perfecto, para non esquecelo!!

Marina dixo...

Coma sempre unha reportaxe sinxela e totalmente ideal, e coma sempre serás copiada amiguiña, de feito eu estaba esperando que saise a túa reportaxe... para copiar e pegar....

Related Posts with Thumbnails