sábado, 1 de maio de 2010

Val a Pena!!

Nestes días, vimos de recibir un fermoso agasallo e ademais por partida doble. @s amig@s de Arquivos do Trasno e O Sorriso da Muralla cren que "Valemos a Pena" que "Val a pena ficar de olho nesse blog!! Grazas mil aos dous por pensar en nós.

Actualizado o 4 de maio... Dende BlogFesquio tamén nos chega este agasallo. Grazas!!

Actualizado o 11 de maio... Dende Belesar outro agasallo máis. Grazas, grazas, grazas....!!

Facía tempo que non veíamos pola rede estes memes que cando chegan sempre nos fan moita ilusión e que por suposto imos cumplir coas condicións que tal presente esixe.

- Publicamos a imaxe do Selo do premio cunha ligazón ao blog que nolo otorgou, neste caso son dous blogues amigos.

- Enlazamos 10 blogues que a nós, os premiados, nos pareza que "Valen a pena".

E agora é cando xurde o problema, é como cando nos piden que elixamos o noso libro favorito. A primeira pregunta é Pero só podo elixir un?, aquí ocorre o mesmo... Pero só 10? E como elixir 10 se só nas Bibes Galegas hai 79 de Infantil e Primaria e 87 de Secundaria? E sen contar co resto de amig@s da blogosfera que seguimos e admiramos. Que podemos facer?

Así que despois de moito matinar, que xa levamos uns días dándolle mil e unha reviravoltas ao tema, decidimos que "Valen a Pena"

- Bibes Primaria
- Bibes Secundaria

Non pensedes que para esta elección nos está a mover ningún outro motivo que non sexa o magnífico traballo que en todos e cada un deles se está a desenvolver, xa que só tedes que facer unha pequena viaxe a través da blogosfera galega para comprobar que esta afirmación é un feito e non unha opinión movida polo agarimo e a amizade.

- Iniciarte
- Píldoras Crumelus
- CEIP Sant Jordi
- ANB
- A profa
- Darabuc
- Poesiaula
-Implicadas

Sinto, como xa comentamos, que non poidan ser máis, quedan moitos aos que seguimos e admiramos e que realmente Val a Pena ollar pra eles, estes son só unha pequena representación do magnífico traballo que se está a facer.

É o noso pequeno agasallo no Día Internacional d@s Traballador@s.

8 comentarios:

Biblioafonso dixo...

Está claro que "pagades" a pena.

Montse dixo...

Vosotros si que Valéis la pena y mucho más.
Muchísimas gracias, estamos muy agradecidos.

Antonio Alonso dixo...

Pues eso, lo dicho...

Darabuc dixo...

Muchas gracias por la amabilidad. De pronto me ha venido a la cabeza el recuerdo claro de una cajita metálica que mi abuela guardaba para recibirnos siempre con un caramelo. Los nervios del viaje (vivíamos lejos) se borraban de golpe con eso, que no será nada en sí mismo, pero lo era todo porque encerraba todo el cariño del mundo.
Un abrazo

Capitán Langstrump dixo...

Acabo de mirar o voso comentario no blog. ¡Moitísimas grazas polo premio, que vos o merecedes moito máis!
¡Unha aperta enorme!

O Segrel do Penedo dixo...

Vaia "cinco magníficos"!!
Grazas pola vosa visita que nos enche de ledicia.
Apertas blogueiras!!

A profa dixo...

Fíxome moita ilusión, é unha honra polo feito de ser elixida e tamén pola valía dos outros blogs escolleitos.
Xa cumprín co mandado
http://aprofa.blogspot.com/2010/05/vale-pena-ficar-de-olho-nesse-blog.html
Moitísimas grazas.

Loly dixo...

É unha verdadeira ledicia pasear polos vosos blogues e poder disfrutar co voso magnífico traballo. Admirámosvos!!

Related Posts with Thumbnails