domingo, 16 de maio de 2010

Letras Galegas X: "Poemas á Rúa"

"Chove pra que eu soñe"

E así comezou o día, chovendo...

Os "Poemas á rúa" convertéronse en "Poemas na Casa do Concello", pero o lugar foi o de menos, o mellor foi o momento no que compartimos o sentir dos poemas de Novoneyra, a lectura coral, da que foron protagonistas todas as persoas alí presentes, da "Letanía de Galicia" dirixida por Tamara Miragalla alumna de 2º de ESO, para rematar cantando Lela e por suposto o Himno Galego.


A recompensa ao traballo feito foi unha fermosa experiencia de música e lecturas compartidas que pensamos repetir e da que a RTVG dará noticia o vindeiro luns á mañá nunha reportaxe sobre a celebración do Día das Letras no programa Bos Días Magazine.

Grazas a todas e todos os que fixéstedes posible que puidéramos celebrar con vós, fóra das paredes do noso centro, o que foi unha xornada festiva chea de emocións.

Tamén en

Radio Barullo

Radio Fusión

3 comentarios:

Ronsel dixo...

Parabéns por, coma sempre, fantástico traballo.

ines dixo...

Que bó traballo... magnífico homenaxe as letras galegas e o noso idioma.

O Segrel do Penedo dixo...

Disfrutamos moitísimo con esta experiencia de lecturas e sentimentos compartidos que esperamos poder repetir.

Related Posts with Thumbnails