domingo, 29 de noviembre de 2009

As Bibes Galegas na Voz de Galicia

Hoxe na Voz de Galicia aparecen catro artigos onde se fala das Bibliotecas Escolares Galegas e o traballo que dende elas están a desenvolver os magníficos profesionais que están ao seu fronte e que fan posible que as nosas Bibes sexan punteiras en todo o estado.

Alégrounos moitísimo ver como dende este diaro se pon en valor a labor que as Bibes Galegas están a facer en prol da lectura e o seu fomento non só entre o alumnado senón entre os distintos membros das nosas comunidades educativas. "Galicia a la cabeza de España en fomento de la lectura Juvenil"

Falase da experiencia dos clubs de lectura, e como exemplo o IES Alexandre Bóveda e Beni, a súa alma mater, das Mochilas Viaxeiras, e como non, do programa Hora de Ler que tantos e tan bos resultados está a dar non só en centros de primaria senón tamén nos de secundaria.

Benigno Nerga, Coordinador da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) comenta sobre o club de lectura:
«Este ano pedíronnos unha lista de autores punteiros do século vinte, e elixiron para este trimestre a Steinbeck (La perla), Kafka (La metamorfosis) y Camus (El extranjero)» [...] «Xa lles dixemos que con estes autores acabouse o pesimismo por este curso»

Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares na Xunta, fala da experiencia do Programa Hora de Ler
«Mellórase o clima do centro , e como se fai normalmente despois do recreo é unha forma de resolver as tensións. Baixan radicalmente os conflictos»

«Nótase tanto que todos os profesores queren ter a súa clase despois da Hora de Ler»

Carmen Mazaira, como responsable do Proxecto Lectura Silenciosa Sostida no CEIP Pardo Bazán (Coruña), expón:
«...es muy saludable porque supone leer sin pedir nada a cambio, solo como ocio, para pasarlo bien»

«A veces vemos que en otros momentos del día, cuando hay un parón, algunos alumnos sacan el libro de su pupitre y se ponen a leer»

Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.

Dende O Segrel, os nosos parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos embaixador@s das Bibes Galegas.

13 comentarios:

MESTURAS dijo...

Ola moza. Despois de pasar o día fóra chego e descubro o dos artigos na Voz e tamén que ías publicar algo. Paréceme estupendo o post, polo tanto.....

Loly dijo...

Que se sepa canto e que bo se está a facer nas Bibes galegas!!

olga dijo...

Pois eu, coma Charo, estaba redactando cando.... así que...copiei un parágrafo enteriño porque estaba clariño coma a auga. E non hai máis que dicir.

O Segrel do Penedo dijo...

Benquerida Olga, como non o íamos a ter claro os que coma ti xa temos feita "a travesía do deserto"...?
E agora deixovos, que me esperan os mozos e mozas do club de lectura!!

Chispa dijo...

Pois creo que eu vou redireccionar directamente; que mellor explicado non pode estar. Espero que esteades disfrutando dunha marabillosa sesión de CLUB DE LECTURA. Noraboa pola parte que vos toca.
Apertas desde aquí ao ladiño.

Maria dijo...

Pois, desde algo máis lonxe, tamén nos servimos de artigo tan claro.
Moitas grazas e boas lecturas
Biblioteca Ollos Grandes

A Pescadora de Historias dijo...

Gracias por esta reportaxe!!
Moitos bicos e noraboas a todos/as.Vou levalo ao noso blog!

O Segrel do Penedo dijo...

Chispa, hoxe agasallámonos cunha sesión de cine palomitas. Con "Siete años en el Tibet" seguimos achegándonos ao Tibet, a súa xente e a súa cultura.
E a todas vós, protagonistas as cinco do que está a acontecer nas nosas bibes, grazas polo voso magnífico traballo!!

Antonio Martínez dijo...

Pois a min pareceume mal que falaran do Segrel, que carai...

Loly dijo...

Bueno, imos perdoarche o erro polos nervos de sair mañá aos Madriles a recoller ese merecidísimo premio. Que o disfrutes!!!

Marina dijo...

Pero que curriños que sodes, ¡que sería das biblios sen vosoutras, e tamén sen algún que anda por aí!

Loly dijo...

Eso digo eu benquerida Marina. Que sería das Bibes Galegas sen todas vós e sen todos eles, que aínda que menos en número... non en bo facer.
Bicos dende Fene

日月神教-任我行 dijo...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,性感影片,正妹,聊天室,
情色論壇

Related Posts with Thumbnails