xoves, 12 de novembro de 2009

Biblioteca de Libros Fantásticos

Esta mañá, na Casa da Cultura de Fene, e tras a visita á Biblioteca Municipal, poidemos disfrutar da extraordinaria exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos" obra de Carmen Domech escritora e membro da compañía Títeres Cachirulo.

Unha exposición na que máis de 50 libros transfórmanse nunhas marabillosas historias que nos adentran no fantástico mundo da imaxinación, un mundo onde todo é posible.

Durante o noso percorrido puidemos coñecer a "O Señor X, quen perdeu a memoria e espera pescar unha boa historia para facela súa" -a historia favorita de Javi-, aprendimos a "receita básica do relato" e admiramos o "libro esgotado" e uns fermosos beizos que pedían ser bicados. Encantárononnos o "libro da acupuntura" -somos adictos...- e unha "réplica exacta da maceira das palabras" ante a que se retrataron un grupo de mozas. Déronnos arrepíos cando escoitamos o berro do "libro que pedía xustiza" e cando comprobamos que "sempre hai quen impón a súa vontade". Coñecemos "un dos libros máis sacados en préstamo", un bo feixe de "lectores atrapados polo libro" e un sinfín máis de fermosísimas historias.

Unha exposición que non debedes deixar de visitar se quederedes disfrutar dunha extraordinaria obra plástica chea de imaxinación e sensibilidade.

3 comentarios:

bibliotecadocole dixo...

Que maravilla de exposición!!!
Haberá que mirar de traela para o sur...
Sáudos dende Moaña

Bibliobrey dixo...

Realmente extraordinaria!
Que pena estar tan lonxe!

Apertas como páxinas

Bea dende Ponteareas

O Segrel do Penedo dixo...

Isa, Bea, esta exposición é un marabilloso agasallo que ninguén que teña a oportunidade debería deixar de visitala.
Bicos para as dúas!!

Related Posts with Thumbnails