luns, 2 de novembro de 2009

Premonición

Din que as premonicións existen. Non sei. Ao mellor é só unha aparencia. Vexamos un caso concreto: se ides a Puerto de Vega atoparedes esta interesante placa en recordo de Jovellanos:

O primeiro que chama a atención é o moi recordado que era o defunto. Que maneira de redactar! Aínda así, quedáronse cortos porque tamén se chamaba Baltasar.

Agora fixádevos nas datas: morre o 27 de novembro de 1811 e a placa “a la buena memoria de este esclarecido asturiano” é do VI de agosto de MDCCCI... Que dicides a isto?

9 comentarios:

Dilaida dixo...

Pois tes razón e non fallaron nadiña, debíache ser boa meiga a que o prediciu.
Bicos

Ronsel dixo...

Moi boa a observación! A que ninguén se fixa?

Antonio Martínez dixo...

Que medo... eu non quero placas coma esa.

Loly dixo...

Que eu non creo nas meigas, que non, aínda que ás veces...

olga dixo...

Dame a min que a ese/a íano suspender na escola...¡por non pór atención no que escribía!

Chispa dixo...

Glup! Digo eu que será cousa de meigas, que eu diso enténdovos moito. Ou será que non eran moi competentes nas competencias...

Tony River dixo...

Palabriña que non usei ningún programa de retoques de imaxe.

Beni dixo...

Non sei se fiarme do Rivera este. Critica ao "lapicida" por dous ou tres meses de nada e resulta que el comete un erro de máis tempo cos anos. Comparade MDCCCXI da placa co MDCCCI do "publicador". Menos mal que neste mundo dos misterios Deus o perdoa todo. Ademáis, ao que escribiu semellante placa tivéronlle que avisar con meses de antelación que o tipiño estaba a morrer, para que lle dese tempo... e claro, puxo a data de cando empezou a traballar.

Toñito dixo...

Vouche dicir unha cousa,
para probar se che cola,
porque vai ter moita pinta
de ser toda unha gran trola.

A "pifia" ven moi a conto
porque é autoreferente.
Vamos, que é cousa de listos
e non cha colle toda a xente.

Related Posts with Thumbnails