Curros, Neno
O vento era segrel na Pedramoa
e na Coutada envolta en rechouchíos
ían mociñas loiras con pandeiros
nun remexer de risas e donaires.
En Celanova había un neno triste
con cárceres durmindo longas noites
e vagos sons de bronces nos abrentes
de torres sulagadas coma estrelas.
Era un meniño nado para lóstrego,
doído de soidá, lévedas mágoas
dun derradeiro amor que nin xiquera
fora casulo ou ar de volvoreda.
En Celanova había un neno triste
cun fondo río de orfandá no peito.
Dime, Señor, que voces temerosas
se pousaron na cume dos seus soños,
cativo Prometeo sin consolo
decote á pedra de volcán atado?
Que escuridá sin nome, buitre cego
mordéu a súa ialma, espello limpo,
pomba sin fel voando sobre a lama
en busca de quentura e de surrisas?
Pomo, Señor, á túa man direita,
pois era un neno triste e non xogaba,
nin tiña máis ledicia que o balbordo
de unhas campás ó alborexar o día.
Celso Emilio Ferreiro
Se queredes ler sobre o Tibet:
Gonzalo Moure: "Un loto na neve"
Tina Blanco: "Los cien ojos del pavo real"
Jaureguizar: "Plastilina nos pulmóns"
Margaret D. Williamson: "Memorias de la esposa de un diplomático en el Tibet"
Ramiro Calle: "Antología de cuentos de India y Tibet"
Josep Francesc Delgado: "Nima, el sherpa de la Namche";"Sagarmatha"
Patxi Zubizarreta: "El maravilloso viaje de Xia Tenzin"
Palden Gyatso: "Fuego bajo la nieve"
Heinrich Harrer: "Los años perdidos de Sherlok Holmes"
Javier Moro: "Las montañas de Buda"
Hergé: "Tintín en el Tibet"
Suxestións de lectura que nos chegan da man d@s amig@s de Bibliotecasescolares, Mesturas, Bemilladoiro, Arslegendi, Bibliofv, IES Chano Piñeiro, Cecilia Martín e Carmen Pardo.
Grazas por compartir!!
2 comentarios:
Preciosa idea! Parabéns!
Non queríamos que vos perdérades esas miradas tan fermosas que nos teñen enfeitizados!!
Publicar un comentario