xoves, 12 de novembro de 2009

A Formación de Usuari@s na Biblioteca Municipal

Durante o primeiro trimestre, e como ven sendo habitual dende hai xa varios cursos, en O Segrel organizamos a Formación de Usuari@s destinada ao alumnado de 1º de ESO. Ás actividades desenvolvidas no centro súmanse as que se realizan na Biblioteca Municipal e que Sonia, a bibliotecaria, se encarga de organizar.

Este curso tivemos unha fermosísima sorpresa, nesta ocasión fomos recibidos por Fátima Fernández unha fantástica contacontos que fixo as delicias de mozos e profes.

Fátima falounos das súas lembranzas de nena nunha aldea preto de Foz, contounos a historia da Tía Miseria e a do tío Nesto e os calzóns do domingo. Canto rimos e como disfrutamos con este marabilloso achegamento á tradición oral, mesmo houbo quen botou un baile con Fátima...

Grazas Sonia polo agasallo.


2 comentarios:

Encarna dixo...

As caras dos rapaces e rapazas demostran que realmente disfrutaron, pero paréceme recoñecer aos profes Eladio e Mª Carmen que tampouco se quedaron atrás... Así da gusto.
Moitos bicos. Un saúdo especial para eses profes.

O Segrel do Penedo dixo...

Tes toda a razón, mozos e "non tanto" disfrutamos moitísimo. A contacontos é extraordinaria, moi recomendable.
Dareilles o teu saúdo especial aos meus queridísimos compas.
Bicos

Related Posts with Thumbnails