A piques de rematar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero queremos ter un recordo especial para todas esas mulleres que están a sufrir esa violencia e non son quen de romper con quen lles está a converter a súa vida nun terrible inferno. A todas elas lles desexamos que acaden a forza suficente para poder dicir "Basta Xa!!". Para todas elas, para todas vós...
Materiais das Bibes Galegas e outros Recursos.
Grazas a Ronsel pola compilación destes recursos e por suposto a Alexia, alumna de 2º de Bach. e futura "Bibliotecaria", polas súas suxestións de música.
4 comentarios:
magnífico remate para un día de conmemoración e denuncia.
Unha apreta. Sabela
Unha xornada de denuncia que desexamos non ter que conmemorar nunca máis. Pero seique acadar ese soño vainos levar algún tempo...
Apertas dende Fene
Pois eu quero dar as grazas a Alexia polo seu gusto musical e despois me levo a escolma a Mesturas. Ciao.
Charo, Alexia, como o resto do seu grupo, son coñecedores dende hai tempo, do magnifico traballo de Mesturas. Son rapaces e rapazas "ben informados".
Publicar un comentario