En O Segrel, como é tradicional en conmemoracións como a do pasado 25, durante os recreos organizamos unha actividade que cada día conta con máis admiradores "Música e Poesía"
Nesta ocasión participaron mozos e mozas de 2º, 3º e 4º de ESO e de 2º de Bacharelato.
Para a música, contamos con Tamara Santamariña (2º Bach.), unha extraordinaria acordeonista, habitual nestas actividades, que veu acompañada polo seu irmá Serafín, alumno de 1º de ESO e que se revelou como unha grandísima promesa. Que orgullosos estamos dos dous!!
Léronse poemas de varias autoras; "Pel de Muller" de Asun Estévez (agasallo dun bo amigo); "Tempo de muslos sen encaixes" de Mariña Martínez; "Polifonías II" de VVAA, "Muller Ceiba" de Sandra Cisneros, "Damas Negras" de María do Cebreiro e para rematar Manuel, alumno de 3º de ESO, leu o que xa é un clásico nesta data "Hagamos un trato" de Mario Benedetti.
Un xeito ben fermoso de ver aos nosos xoves berrando ben alto e forte "NON Á VIOLENCIA!"
2 comentarios:
Emocionoume ver as fotos, máis que as das rapazas e rapaces lendo, a dos rapaces- esa nº 48, por exemplo- algúns xa case homes feitos e dereitos, atentos, escoitando, agardando o seu turno de lectura. Ogallá que a semente que estades a espallar non sexa engulida pola sociedade que @s rodea. Que o seu froito medre san e que se espalle. Noraboa!!!
Ese é un dos nosos maiores obxectivos que estamos plenamente convencidos que co esforzo de tod@s conseguiremos acadar.
Nesa estamos, non si?
Publicar un comentario