Estas xornadas, que terán lugar entre o 3 e o 10 de Novembro, abranguerán unha serie de actos entre os que cabe salientar:
Exposición fotográfica. Coa idea de amosar diferentes facetas do autor que permitan un maior achegamento á súa obra e á súa traxectoria vital.
Inauguración da Biblioteca Escolar “O Segrel do Penedo (Luns, día 5 ás 12.30 horas): A particular homenaxe de toda a nosa comunidade educativa a un poeta comprometido co seu tempo, exemplo do galeguismo e da defensa da nosa lingua e a nosa cultura.
Congreso Xosemaría Pérez Parallé. A sesión inaugural correrá a cargo de Don Isaac Díaz Pardo e a clausura a cargo de D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega.
No transcurso do congreso representarase unha mostra dos quefaceres literarios de Parallé cun cantar de cego, un diálogo dramatizado, un recitado poético ou un roteiro polos lugares de Barallobre ligados ao poeta.
É chegado o tempo de Pérez Parallé!
Tamén en:
Blogfesquio
Blogfesquio
5 comentarios:
Encantaríanos estar por ahí, pero que queredes, o traballo é o que ten. Só por escoitar a D.Isaac xa pagaba a pena a viaxe. E, por suposto por inaugurar esa bibliotecaza e pasar un rato xuntos...Pasádeo todo o ben que merecedes. Moitos bicos e grazas por esa invitación tan chula
Grazas Charo. Mesturas e os que o facedes realidade sempre estades moi preto de nós.
Unha aperta
Aí estaremos para compartir con vós ese día tan fermoso. Inauguración dunha biblioteca escolar. ¡Que ben soa!. Inauguración en Fene, celebración en toda Galicia. Ese día Fene somos todas as bibliotecas escolares de Galicia.
Grazas por compartir con tod@s ese día.
Parabéns
A biblioteca do IES Afonso X O Sabio de Cambre tamén quere compartir con vós ese día. Felicitacións.
Toño, como non ías estar ti na inauguración dunha biblioteca da que fuches e segues a ser, a pesar da distancia, parte moi importante?
Grazas por estar sempre aí!
Publicar un comentario