Paseando pola blogosfera, un dos meus rituais diarios, entro en TRAFEGANDO RONSEIS (Un dos meus blogs favoritos polas súas propostas de literatura, cine e música, o seu compromiso cos dereitos humanos a ecoloxía... Non deixedes de visitalo, paga a pena!!) Nun dos seus últimos post falaban do que se podía facer coas mans. Eu tamén quero colaborar nesta especie de cadea, comezada por MESTURAS (outro blog dos insuperables!!), dándonos ideas sobre como empregar o noso “tempo libre”. Seica temos dabondo!!!
Despois da papiroflexia e das sombras chinesas, que tal se imitamos a Ilana Yahav? Ilana é unha artista israelita que coas súas mans, un pouco de area, unha boa música e algo de luz sobre unha mesa de vidro, constrúe as súas obras de arte.
luns, 8 de outubro de 2007
Let's Get Together
Labels:
Arte,
Ilana Yahav,
Persoeiros,
Vídeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Grazas pola túa xenerosidade ilimitada. O mundo non merece xente coma ti... e sei do que falo! Un beixo de corazón
Publicar un comentario