Inicio esta andaina co segrel facéndome eco dunha nova lida no xornal El País onde informaba dunha iniciativa levada a cabo por Alberto, o educador social do presidio de Teixeiro. Certamente, o sorprendente resulta ser o éxito dese taller de escritura e lectura que semanalmente reúne a tantos presos, que ademais, unha vez ao mes deciden invitar a un escritor. Por alí estivo Manolo Rivas, acompañado de tres músicos, acto que demostra unha vez máis o acertado da combinación letras e música.
Desde este blog doulle os meus parabéns a Alberto, desexandolle que teña continuidade con este proxecto.
Desde este blog doulle os meus parabéns a Alberto, desexandolle que teña continuidade con este proxecto.
1 comentario:
Benvido á blogosfera compañeiro, isto comeza a ser unha comunidade. Que cunda o exemplo!!
Publicar un comentario