Esta era unha frase clave na película “O sexto sentido”. Aos poucos meses da súa estrea, aparecía nas carteleiras “Los otros”. Unha peli española cun argumento parecido e na que xogaban un papel importante unhas fotografías de defuntos no seu cadaleito. Ese tipo de fotos eran habituais hai algúns anos tal e como se pode comprobar nos traballos de Virxilio Viéitez... A realidade supera sempre á ficción.
Estes días está nas salas “El orfanato”. Seica é moi recomendable. Ireina a ver. Pero antes vouvos contar algo moi estraño que me pasou hoxe. Non sei como, fun ao cemiterio e, o que son as cousas, vin a lápida dun que se chamaba coma min, que naceu o mesmo día ca min e que morreu o día que tiven o accidente... A realidade supera sempre á ficción.

2 comentarios:
Meu deus, comezas vendo a túa lápida e rematas.... mellor nin pensalo. Que disfrutes o Samaín!!
¡Mi madriña! Eu non volvía a ese cemiterio por se as moscas...
Publicar un comentario