viernes, 5 de octubre de 2007

Os Nosos Venres Musicais (I)

DULCE PONTES "FADO PORTUGUÉS"

Levados polo noso amor pola música, decidimos crear esta sección na que venres a venres tentaremos traervos distintos tipos de música, e distintos modos de dicila e sentila. Esperamos que vos guste e que nos fagades chegar as vosas suxestións. Deste xeito daremos sentido ao título “OS NOSOS VENRES MUSICAIS!!”
Neste primeiro venres comezamos con Dulce Pontes e o Fado.
Fado, do latín fatum, significa destino. O destino inexorábel e que nada pode mudar. É por iso que o fado é normalmente tan melancólico, tan triste. Os fados expresan as dificultades da vida, o amor perdido, a emigración... O Fado é, hoxe en día, un símbolo mundialmente coñecido de Portugal representado por Dulce Pontes
free music

4 comentarios:

Ronsel dijo...

Encántanme os fados... aínda que sempre choro ao escoitalos (vale, vale, xa sei que iso en min non é difícil, non fai falla que o digas!) Bicos

O Segrel do Penedo dijo...

Xa sabía eu que os fados serían outro "punto de encontro" máis... Bicos

Biblioafonso dijo...

Outra idea "fantástica"

Antonio dijo...

Los viernes visita ineludible al Segrel !!
Estoy de acuerdo, una idea fantástica.

Related Posts with Thumbnails