venres, 23 de abril de 2010

Hoxe Cumplimos 3 Anos !!

E parece que foi onte cando entramos a formar parte desta "tolemia colectiva"!!

Hoxe, 23 de abril, "Día do Libro" O Segrel cumple tres anos na blogosfera e, como xa é habitual en cada aniversario, temos unha sorpresa especial...



No noso 1º Aniversario saiu á blogosfera Radio Barullo; no 2º Aniversario comezamos a dar os nosos primeiros pasos en Twitter e hoxe, no 3º Aniversario "Xa temos perfil no Facebook!!".

Pero esta celebración non tería sentido algún se non a compartíramos con tod@s vós, pequechos e grandes, amig@s de aquí e de acolá, con tod@s @s que, de calquera xeito, estades a facer este camiño ao noso carón.

Grazas por estar sempre aí e que sexan moitos máis en tan boa compaña!!


9 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

E sguides medrando na rede... Impresionante. Parabéns por eses tres anos de traballo, ilusión, esforzo, xenerosidade, ledicia, amizade. Sen O Segrel nada sería igual.
Case dan gañas de dicir que hoxe, 23 de abril, é O Día Internacional do Segrel.
Bicos

Biblioafonso dixo...

Felicidades polos tres anos de exemplo, por facer de espello onde aprender, por ser os nosos guías.

Biblioteca dixo...

PARABÉNS!
Tres anos de bo facer, de seren o motor de tantas e tantas iniciativas das bibliotecas escolares galegas, de traballo e ilusión compartidos, de seren referente para tod@s nós...

Bicos desde Taragoña

Montse dixo...

Moltes, moltes felicitats!
Un lector abrazo.

Loly dixo...

Grazas por tanto agarimo. Vós sodes eses "amig@s" imprescindibles na nosa tarefa cotiá.
Apertas lectoras!!

Anónimo dixo...

O que está claro e que os anos séntanvos de marabilla estades mellor que o primeiro día

Loly dixo...

Grazas Marina. Os ollos das amigas é o que teñen, que sempre ven o mellor de nós.
Apertas amigas!!

Begoña dixo...

Japi verdei tu llu,
Japi verdei tu lluuuu,
Japi verdei, Japi verdei,
JAPI VERDEI TUUUUU LLUUUUUUUUUUUU.


X X X X X X X

Loly dixo...

Moitísimas cenkius!!!!! :) Claro, tanto ir á frans, e logo pasa o que pasa.....

Related Posts with Thumbnails