sábado, 10 de abril de 2010

Nen@s e Xoves do Mundo III (Exipto I)



Hoxe retomamos o percorrido que comezamos o ano pasado (Tibet, Nepal) para achegarvos aos nen@s e xoves do mundo e o facemos dende Exipto.

Un país fermosísimo ao que todos cremos coñecer, pero que no mesmo momento en que nos adentramos polas súas rúas, e nos achegamos ás súas xentes, nos damos de conta de que ese coñecemento é máis ben superficial e cheo de prexuizos.

Sabemos da súa historia pasada, pero ben pouco das xentes que viven nun país que sempre nos provocou unha enorme atracción e que despois dunha marabillosa viaxe esa atracción aumentó e non vemos o momento en que poidamos voltar, máis non perdemos a esperanza...

Alí nos esperan bos amigos, Ibrahim, Alaa, Shimaa, ماجد رشدى ... para todos eles o noso agarimo, polos marabillosos momentos que pasamos xuntos e que fixeron posible ese achegamento ao seu pobo e a súa cultura.


Para saber máis:

Contos e lendas do Antigo Exipto

Un pouco de historia para os máis pequenos

Pronto a segunda parte, "Visita ao pobo Nubio"!
Actualizado o 12 de abril

2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Todas as fotos están moi ben pero hai algunhas extraordinarias. Parabéns para a fotógrafa. Ofrézome de guía gratito na seguinte saída ao estranxeiro da reporteira.

Loly dixo...

Grazas... Non hai nada como a mirada a través dos ollos dun amigo. Veremos que che parecen as de mañá. "A visita ao pobo Nubio"

Related Posts with Thumbnails