O pasado martes celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil dun xeito ben especial.
Os protagonistas, os nenos e nenas de infantil do CEIP Os Casais (Fene) e 6 mozas e un mozo de 2º de bacharelato do noso instituto. Unha fermosísima experiencia de lectura compartida, onde o compoñente afectivo estivo ben presente, non hai máis que ver a morea de bicos co que nos despediron os nosos marabillosos anfitrións.
O noso alumnado preparou a actividade con moitísima ilusión e dedicaron un par de recreos para ensaiar o tono, o ritmo, en definitiva, o xeito de ler un conto aos máis pequechos, e non só ler, pois montaron un pequeno teatro de monicreques e acabaron cantando e xogando cos nenos e nenas acompañados pola música de "Contos en Cantos".
O resultado, que vos vou contar eu se teño que recoñecer que nesta ocasión a obxectividade é imposible. Nós, quedamos convidados para seguir compartindo lecturas.
O conto elixido foi "Corre corre, Cabaciña". Adaptación de Eva Mejuto dun fermosísimo conto popular portugués ilustrado por André Letria e publicado por OQO Editoria.
Música: O tema "Corre corre, cabaciña" de Contos en Cantos de Almudena Janeiro, publicado por OQO Editora.

O noso agradecemento ao alumnado e profesorado do IES Os Casais polo seu agarimo. Ata sempre!!
5 comentarios:
Unha emotiva xornada que deixará sen dúbida, unha forte pegada nos participantes. Animación á lectura en vivo e en directo, auténtica! Parabéns!
Unha xornada que nós non esqueceremos, e todo grazas a ti Loli, que fuches a que nos presentou a iniciativa.
Apertas lectoras dende Fene
A Mica requeterrechifloulle esta xornada, tanto tanto, que xa soña con que es@s pequech@s que escoitaban ás madriñas e padriño, sexan quen veñan ler aos e ás peques que pululen por esta Biblio dentro de 13 ou 14 anos. Por suposto, Rato Gordecho quedou namorado dos personaxes que estas madriñas e padriño nos deixaron en agasallo. Algunha destas madriñas/padriño será un/ha futur@ bibliotecari@ escolar?
Miañadiñas e ronroneos, grazas mil de Mica Bigotes, Rato Gordecho,bibliotecaria e "ratiñas" do CEIP Os Casais
Tedes un pequeno agasallo no noso blog con toda a nosa admiración. Arquivos do trasno.
E agora, cando padriños e afillados se topen pola rúa , no super... sorriránse mutuamente porque teñen algo en común: unha experiencia lectora.
Asegúrovos que vai ser así.
Bicos emocionados
Publicar un comentario