venres, 23 de abril de 2010

Tamén Len!!

Actividade organizada dende o CEIP Milladoiro - Malpica, con motivo do Día do Libro, e que forma parte, xunto co "Para que les", da exposición que comezamos a montar a pasada semana e da que estamos a disfrutar non só en O Segrel senón en 102 colexios e institutos de Galicia.

Exposición que xorde fruto dun traballo colaborativo doutras tantas Bibliotecas Escolares Galegas.


Sentímonos moi orgullosos de que neste grupo dos que "Tamén len" figuren dous dos nosos antigos alumnos "Edgar Vigo e Fátima Ameneiro". Dous intrépidos e solidarios viaxeiros que nos acompañaron na xornada de inauguración deste curso para falarnos da súa experiencia no Rally Solidario a Mongolia.

2 comentarios:

olga dixo...

É un placer saber que o camiño da animación á lectura que percorremos como profesionais da educación, facemolo na compaña de outros. Compartir sempre é un ben.

Loly dixo...

Un ben que a tod@s enriquece.
Apertas lectoras!!

Related Posts with Thumbnails