Hoxe, 1 de outubro, comeza o Mes Internacional da Biblioteca Escolar, e dende O Segrel do Penedo queremos rendir a nosa particular homenaxe a todos os docentes que están a traballar ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas.
Un profesorado que a pesar dos atrancos cos que se atopan no seu traballo cotiá (a falta de apoio dalgunhas direccións, a falta de comprensión dalgúns claustros, a falta de recoñecemento da Administración…) están a converter as nosas bibliotecas escolares en verdadeiros centros de formación e información.
Un magnífico grupo de profesionais que están a desenvolver un traballo no que creen e ao que lle dedican tempo, moito tempo, e moitísimas enerxías cun obxectivo fundamental facer das nosas bibliotecas escolares puntos de encontro.
Parabéns a todos os que estades a facer realidade o que hai uns anos non era máis que un sono duns poucos e que ese merecido recoñecemento a un labor ben feito sexa axiña realidade.
Cada día máis e mellores Bibliotecas Escolares grazas a todos e todas vós!!
Non están todas as que son, disculpade,
pero son todas as que están.
pero son todas as que están.
(Completaremos o álbum nos próximos Roteiros dos GBI)
6 comentarios:
Grazas pola parte que me toca, ti sempre dando ánimos, o post paréceme precioso.
Emocionáchesme con este post.Cando esté de baixón volverei a lelo para animarme.
Grazas a todos por estar sempre aí e en especial a tí.
Bea, dende Ponteareas
Un gran homenaje desde un gran blog. Me encanta la línea que lleva este año, una referencia para l@s que de una manera u otra estamos cerca de las bibliotecas escolares.
Unha agarimosa referencia a quen "contra ventos e mareas" segue a pelexar por aquelo no que cree.
A todos vós artífices desta fantástica revolución.
Bicos para os tres!!!
Impresionante entrada, dunha biblioteca impresionante, dun blog impresiuonante, dunha bibliotecaria impresionante e dunha amiga impresionante.
Sen palabras!!!!
Publicar un comentario