xoves, 16 de outubro de 2008

Unha nova cantiga medieval

Leocadia García, sobriña neta de Tristán García (o de Isolda, claro), é unha xove filóloga que convocou esta semana unha rolda de prensa en Santiago para informar do achado dunha cantiga medieval que pode confirmar a existencia do Rei Cintolo.
Esta cantiga, da autoría dun tal Clodio do Rego Cavado e datada no século XII, estaba escondida nun pergamiño conservado no Arquivo Secreto do Vaticano. Relata os amores dunha dama que fará por ver, na feira de As San Lucas, ao seu cabaleiro que vivía en Argomoso, a poucos quilómetros de Mondoñedo e onde se encontra a Cova do Rei Cintolo. Esta cavidade natural sempre foi obxecto de lendas, pero esta é a primeira proba de que nese lugar existiu unha corte real.

A continuación ofrecémosvos as estrofas recuperadas:

A Mondoñedo m´irei á feira,
a encontralo daquela maneira.
Ai madre,d´ alí d´Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.

Á San Lucas mahá irei,
e ao meu senhor por ver farei.
Ai madre,d´ alí d’ Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.

Por moito que me faz rogar,
so penso en con el me casar.
Ai madre,d´ alí d´ Argomoso
ha vir meu amigo ben fermoso.


Recordade que esta fin de semana son As San Lucas en Mondoñedo, a feira máis antiga do reino.

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails