Hoxe, 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Este ano, a celebración terá lugar en Santiago de Compostela. Durante este acto presentarase o cartel conmemorativo, obra de Xosé Cobas Gómez e lerá o pregón o recén galardoado Agustín Fernández Paz.
Fragmento do pregón:
ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ
(...) os libros posúen a insólita capacidade de revivir e reinventarse en cada nova lectura.
Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras (...)
Sabemos que non poderíamos vivir sen o alento da imaxinación e a creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e os noso sentimentos.
Por todo iso, abramos os libros. Eles conteñen os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas páxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Os libros: ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a parender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo.
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario