lunes, 29 de septiembre de 2008

Outubro: Mes Internacional da Biblioteca Escolar

Alfabetización e Aprendizaxe na Biblioteca Escolar” Este é o lema elixido para conmemorar este ano o “Mes Internacional da Biblioteca Escolar” nunha clara referencia ao papel fundamental das Bibliotecas Escolares no ensino.

A Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar (IASL), previa recomendiación do seu comité executivo, aprobou en decembro de 2007 o cambio do Día Internacional da Biblioteca Escolar polo Mes Internacional da BE.

Según declararacións de Rick Mullhollan, coordinador de IASL “Este cambio coincide co décimo aniversario da súa celebración por parte da IASL, e permitirá aos responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo elixir o día de outubro que mellor se adapte ás súas necesidades co fin de resaltar a importancia das bibliotecas escolares

O presidente da IASL, Henri James, declarou asi mesmo que “O Día Internacional da Biblioteca Escolar chegou a ser tan importante que creceu ata convertirse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar (ISLM). Esto significa que os responsables das bibliotecas poderán elixir o día, a semana ou incluso ata todo o mes, para fomentar a súa biblioteca escolar, co que iso supón para a comunidade escolar

Para saber máis:
IASL

O Segrel do Penedo

Celebramos "O Día da Biblioteca Escolar"



2 comentarios:

MESTURAS dijo...

Ola Loly y compañía. Quería felicirtarvos polo documento do clube de lectores. Penso que pode ser moi útil para nós. Xa foi fotocopiado e será distribuido para a súa atenta lectura.
bicos e mil grazas.

O Segrel do Penedo dijo...

Grazas Charo, a verdade é que sentan moi ben esas felicitacións vindo dunha das bibliotecas escolares galegas de referencia.
Feliz curso Mesturas!!
Apertas dende Fene

Related Posts with Thumbnails