martes, 21 de octubre de 2008

II Encontros Bibliotecas Escolares de Galicia

O pasado fin de semana celebráronse en Santiago os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia baixo o lema "Bibliotecas para ler e aprender"

Un fantástico programa para dous días intensos nos que se falou de lectura, de ALFIN, de proxectos documentais, da integración das TICs, do traballo coas familias, de materiais, ... en definitiva de Bibliotecas Escolares.

Sentímonos orgullosísimos do magnífico traballo que se está a realizar nas Bibes Galegas.

Dixéronse cousas moi interesantes, moi emocionantes e como non, cousas moi divertidas.

"A conquista de espazos para a Biblioteca Escolar é unha labor de Pioneiros"
"A selección de materiais en todos os soportes, tórnase unha actuación necesaria, delicada e inevitable"
"A Biblioteca Escolar coordinará, xestionará... asumirá a provisión dos documentos necesarios para garantizar o itinerario de lectura planificado polo centro educativo"

"Preocúpame a soidade das Bibliotecas Escolares"

"A primeira Biblioteca que coñecín na miña vida foi a miña nai e a súa capacidade máxica de crear historias"
"O vicio da lectura é incurable. Só nos pode curar o seu exercizo, como vivir e amar"
"Libro e Lectura deben escribirse con L de Liberdade"
"Ler é desexar que un libro non remate nunca"

"Queríamos ter a mellor biblioteca do mundo en Vide"
"A Biblioteca como lugar recoñecido, recoñecible e usado"

E que me decides de "Magister vs. Minister"? (Sen comentarios!!)

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe gráfica, de parte do que alí aconteceu.


Reportaxe Gráfica dos GBI

Parabén Pilar e Cristina polo voso sempre magnífico traballo!!

13 comentarios:

Marina dijo...

Pero que boísimos sodes, menuda reportaxe, eso si que é un traballo ben feito, organizado, claro, resumido magnificamente. A ti si que te ensinaron a manexar a información de forma correcta eclara...

Paramio dijo...

Que este reportaje fotográfico sirva,al menos, para que cuando lleguen esos momentos en que las cosas parecen no irnos bien, para volver a verlo y recordar que somos much@s ya los que estamos AHÌ haciendo fuerza y tirando de este tren que ya tienes muchos, pero que muchos vagones. ¿alguien podrá ahora pararnos?

Antonio Martínez dijo...

Que axente non pense que tod@s os GBI somos iguais, mentres algún traballaba, outros lucian as súas cámaras fotográficas...
En serio, magnífica reportaxe gráfica, con sentido de humor incluido.
Parabéns, dona dos GBI.

O Segrel do Penedo dijo...

Vós si que sodes boísim@s. Pola vosa forza, polo voso bo facer e por estar sempre aí formando parte deste grupo que non deixa de medrar. E que siga...
Bicos para os tres.

Antonio Alonso dijo...

Contestando al mordaz comentario del GBI de Cambre, te diré compañero que yo no sólo lucía una cámara fotográfica, para ser precisos lucía un "peaso parato". Aparte de esto, magnífica crónica en el para mí mejor blog de una biblioteca escolar. Hala, ahí queda eso !!

Loly dijo...

Y yo me pregunto querido profe... Esa afirmación tan categórica es verdad o es producto de un pequeño rifirrafe entre los señores GBIs ?
Quiero creer lo primero, más que nada porque en estos momentos la autoestima está por las nubes y eso sienta muuuuuuy bien!!!

Antonio Alonso dijo...

Es que no se puede tener todo. Y nuestro querido compañero, en sólo un año, ha desarrollado un blog con recursos para la asignatura de historia del arte -en mi opinión- de una calidad indiscutible e inigualable. Pero no le digas nada, esto que quede entre tú y yo...

Loly dijo...

Como siempre, el profe tiene toda la razón. INICIARTE se ha convertido en un blog referente cuando se habla de arte y de calidad de la enseñanza.
Y esto, que también quede entre tú y yo...

Marina dijo...

Deixadevos de tanto tira e afrouxa, sodes boísimos os tres, por algo sodes o grupo GBI (Gupo Bastante Inquieto), eso quere dicir que non tedes parada e andades a enredar seguido, e o bo do asunto é que todo vos sae ben... Seguide así que chegaredes lonxe... ¿tal vez o estrelato?
Bicos por triplicado

Escola Unitaria dijo...

"peaso de parato" e peaso de compañeir@s, se non vos importa vou faser unha lijasao á esta entrada que é de sabias jiarse d@s mellores.
aaahh....pero en VIde somos unhas CRACS, non un CRA- colexio rural ajrupado-, e a foto, sir vusplai,querémola fara fser un poster, que pareso unha "peaso conferensianta"

O Segrel do Penedo dijo...

Marina encántame esa nova "acepción" de GBI. Facémola nosa!!
Ahhhhh "peaso conferensianta" o que hai en Vide son unhas "peaso Cracs"
Bicos para as dúas e as de A Dúas!!

biblioboveda dijo...

Aínda que cheje de último, non quero perder a ocasión de felisitar a Loly pola reportaxe, na que, todo hai que disilo, saen uns rapases bastante juapos e incluso aljún cunha cámara que pa que.

Loly dijo...

E dalle coa cámara. Ao final vai resultar que foi ela a "protagonista principal" dos Encontros.
Vale Beni, e os rapases juapos tamén...

Related Posts with Thumbnails