luns, 15 de outubro de 2007

Blog Action Day

O “Blog action day” está dedicado ao medio ambiente e sérvenos de escusa para falar de Wislawa Szymborska, unha poetisa polaca que no 1996 foi galardoada co Nobel. Os seus poemas permiten unha lectura fácil e espertan en nós imaxes suxestivas. Sirvan de exemplo estes versos que nos falan da auga, un recurso vital que está a ver alterada a súa distribución planetaria por mor do cambio climático.

“Caeume na man unha gota de chuvia,
unha gota de auga das veas do Ganxes e do Nilo,

da xeada que ascendeu aos ceos desde os bigotes dunha foca,
dos cántaros rotos nas urbes de Iso e Tiro.

No meu índice
o Caspio é mar aberto,

e o dócil Pacífico morre no Rudawa,
ese regato que feito nube sobrevoaba París

ás tres da madrugada do sete de maio
do ano setecentos sesenta e catro.
(...)

Estiveches en pilas bautismais e en bañeiras de cortesás.
En bicos e en ataúdes.

No desgaste das pedras e no sostén do arco da vella,
na suor e na rosada de pirámides e lilas. “



Para os que andan un pouco despistados en ciencias naturais, diremos que a poetisa está a falarnos do ciclo da auga. Aquilo que estudábamos de pequenos e dicía: “A auga evapórase nos mares, forma nubes, as nubes chegan aos continentes, alí precipitan en forma de neve, chuvia,....esa auga vai parar aos ríos e os ríos ao mar,...”

Desde aquí recomendamos unha antoloxía publicada en Lumen: “Paisaje con grano de arena”.


E, xa postos, tamén a Jorge Manrique.

2 comentarios:

Lapa dixo...

There are three kinds of women:

the pretty ones

the ugly ones

and the blondes...

O Segrel do Penedo dixo...

And what about men...?

Related Posts with Thumbnails