mércores, 3 de outubro de 2007

El dinosaurio




Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.






Augusto Monterroso


Esta é unha historia real que lle ocorreu a Manolo, "O Gafas", natural dunha parroquia de Monterroso, alá entre a Terra Cha e o Xistral. Foi o sábado pasado, cando levou á muller e aos fillos a un centro comercial de Lugo. Quedouse no coche, botando unha sesta e cando espertou viu o que viu. O home aínda tivo valor para facerlle unha foto.

Este ano, no San Froilán non se falará doutra cousa.


5 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Que cousas ve a xente de Lugo.

Ronsel dixo...

Moi bo, moi bo. Ás veces, ao espertar, aínda esán os dianasauros, as pantasmas, os trasnos... canto hai que loitar!!!

O Segrel do Penedo dixo...

Antonio, aí tes o motivo polo que a "algunha" xente non lle gusta madrugar. Vese cada cousa!!

Benvido á blogosfera compañeiro!!

MESTURAS dixo...

seria un horrible pesadelo provocado pola súa mala conciencia de durmir a sesta mentres a súa pobre muller facía soa e sen axuda a compra semanal ...

Anónimo dixo...

Sinto pero estades equivocados, Lugo é unha terra fantástica e logo pasa o que pasa e os lucenses non alucinan (EU SON DE LUGO),xa que estamos todos alucinados. Por certo hai que ir ó San Froilán, quedades invitados a pesar de non vivir xa alí, pero si ´que andaremos de troula por alí.
MARINA

Related Posts with Thumbnails