Hoxe asistimos, en palabras do noso alcalde, con gran ledicia, á inauguración da primeira Galescola en Fene, acto que correu a cargo do vicepresidente do goberno galego.
Anxo Quintana lembrou aos alí presentes algúns dos obxectivos das Galescolas “Asegurar que os nenos e nenas galegas aprendan a nosa lingua e a nosa cultura” e “Formar cidadáns abertos ao mundo”. Falou asimesmo das Galescolas como instrumento para a igualdade “Temos unha débeda coas mulleres de Galiza e este é un xeito de pagala"
Sabedes como rematou a inauguración? Pois cos nenos e nenas xogando e rindo sen preocuparse de autoridades e visitas, é máis, sen darse de conta do que alí acababa de acontecer.
Bendita inocencia!!!!
Bendita inocencia!!!!
É preciosa a nosa Galescola, vaian dende aquí os nosos parabéns!!
4 comentarios:
Ogallá sirva para moito... máis por esas terras "castelás"...
Ten o seu aquel a placa: "...inaugurada polos veciños e veciñas...". Sen nomes propios, sen don Fulanito e Excmo. Señor.
E tanto que o ten!!
A min tamén me chamou a atención cando a vin, gustoume moito, pero direiche algo, non imaxinei que alguén se fixara nela no blog.
Unha aperta dende Fene.
Gostei moito da presentación en imaxes da galescola.
Parabéns e grazas por compartir.
Un saúdo
Carlos
Sekeirox
Publicar un comentario