sábado, 23 de abril de 2011

Hoxe Cumplimos 4 Anos !!

Así é, xa levamos catro anos e a experiencia segue a ser ben gratificante.

A través deste blog da nosa biblioteca escolar entramos na blogosfera o 23 de abril de 2007, e a partir de aí todo foi un non parar... ese primero ano creáronse tamén o blog do club de lectura, o blog dos segreis e o álbum fotográfico, ao ano seguinte sairon a nosa Radio Escolar e a Canle de YouTube, no 2009 entramos nas redes sociais a través de Facebook e o ano pasado en Twiter. E en todas estas ocasións a data clave foi o 23 de abril, o Día do libro e os dereitos de autor. Que mellor data para festexar nunha Biblioteca Escolar, non?

E que imos facer este ano? Cal será a sorpresa que O Segrel nos ten agochada?

Nesta ocasión a sorpresa ten que ver cun obxectivo que tiñamos en mente dende hai xa ben tempo, pero que por iso mesmo, polo tempo, ou mellor dito, pola falta del, non puidemos acometer ata este curso.

Como ven sendo habitual dende que entramos no Plambe, alá polo 2005, -canto camiño percorrido...!!- todos os cursos solicitamos un Grupo de Traballo xa que ese foi o compromiso asumido cando nos presentamos á convocatoria do Plan de Mellora. Con este, xa son 6 anos de formación continuada de todos os membros do grupo da biblioteca -máis de 2.400 horas de formación sumamos entre todos, e só tendo en conta as horas destes grupos de traballo-.

Nesta ocasión decidimos traballar na elaboración dunha base de datos de recursos que hoxe queremos presentarvos e animarvos non só a que a utilicedes, senón a que colaboredes con nós para continuar enchéndoa de contido e conseguir que sexa unha gran base de datos.


E non deixedes de entrar no que será a nosa base de cine, onde atoparedes non só información das películas dos nosos fondos, senón tamén guías didácticas para o traballo nas aulas.


Esperamos que vos sexa de utilidade!!

Podedes entrar nas bases de datos clicando nas imaxes.

9 comentarios:

Biblioafonso dixo...

Parabéns. Hai que felicitarvos por estes catro anos de traballo e de ilusións. Pero sobre todo felicitarvos polo voso desexo permanente de compartir, amosándonos o camiño aos demais. Parabéns e parabéns.

Antonio Martínez dixo...

Catro aniños non on nada. Quedan moitos máis e, por suposto, mellores. Estupenda base de datos. Bicos.

Encarna dixo...

Os nosos parabéns!!!
Fantástico traballo.
Moitos bicos.

bibliotecadocole dixo...

Parabéns por eses catro anos tan ben aproveitados!

Bibliobrey dixo...

Noraboa por estes catro anos de tanto traballo,e por ser sempre un referente para todos nós.
Apertas como páxinas

Cristina dixo...

Parabéns! Grazas por compartir, a base de datos paréceme espectacular...Qué gusto!
Apertas como. como... Subir a lúa cen veces e voltar ...

Anónimo dixo...

Cumpreanos feliz.... deséxovos de corazón que sigades cumprindo moitos máis. Un bico e unha aperta moi pero que moi grande

Begoña dixo...

Japi verdei tu yu japi verdei tu yu, japi verdei japi verdei e non deixedes de estar aíííííí!

Un bico moi grande a todos os que arrimades o hombreiro xunto a ese Segrel.

O Segrel do Penedo dixo...

Grazas polos vosos parabéns, sabedes que eses catro anos foron e seguirán a ser "fantásticos" porque ese camiño estamos a facelo xunto a tod@s vós.
Apertas de mel dende Fene

Related Posts with Thumbnails