Actividade que se está a desenvolver no noso instituto dende a pasada semana e que ten como obxectivos principais:
- Promover o hábito da lectura diario dos xornais
- Fomentar o xuízo crítico
- Aprender a constrastar informacións e opinións
- Facilitar a selección de información
- Acercar a realidade social ao noso alumnado
- Introducilos nos xornais dixitais
- Coñecer e usar con espírito crítico as novas tecnoloxías da información e a comunicación
- Contribuír mediante a lectura dos xornais a un maior dominio da lingua
- Coñecer e valorar os Dereitos Humanos
- Rexeitar calquera forma de violación dos mesmos
Metodoloxía:
- Colocar as oito categorías dos DDHH nos cortizos da zona de exposicións
- Ler os xornais diariamente e seleccionar as noticias que falen sobre a violación dos DDHH no mundo
- Recortar as noticias elixidas e colocalas baixo o cartel do dereito contra o que atentan
- Expoñer e debater na aula as opinións e xuízos con argumentos razoados.
2 comentarios:
Interesantísima idea pensada coa cabeza para chegar ao corazón.
Deséxovos que eses boísimos lectores e lectoras que tendes traballen para acadar eses obxectivos tan acertados.
Bicos solidarios e libres.
Benquerida Chispa, nesas andamos.
Bicos libres e críticos!!
Publicar un comentario