Neste acto de homenaxe, Daniel, acompañado por Diego Maceiras, magnífico acordeonista co que formou 0 dúo BellónMaceiras no ano 2005, deleitounos cun pequeno concerto tras o que se descubriu a placa, obra do recoñecido ceramista Francisco Pérez Porto, que no seu honor dará nome á aula de música.
Ao emotivo acto asistiron o alcalde de Fene, Iván Puentes, o ex-alcalde Xosé María Rivera, profesorado, alumnado, pais, nais e outros membros da nosa comunidade educativa.
Grazas Daniel por ser un magnífico exemplo de que con esforzo e tesón se poden acadar metas e facer realidade os soños. Dende "O Segrel do Penedo", e declarada xa hai tempo a nosa admiración, desexámosche todo o mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario