O pasado venres, e por mor do "suposto" temporal do mércores, rematou no CFR de Ferrol o curso "Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura II" no que un grupo de profes de Ferrolterra puidemos non so formarnos senon tamén disfrutar coas ponencias de profesionais como Cristina Novoa, Sabela Lahuerta e Begoña López Soto (das que sobran presentacións...); Antonio Martínez, especialista en Plans de Lectura e Lectura e familia e organizador da iniciativa "Ler xuntos" da comunidade de Aragón; Julián Pascual, profesor da Universidade de Oviedo que nos falou de Estratexias de Comprensión lectora e de quen vos achegamos unha fermosísima escolma de textos; Mª Jesús Rodríguez Rodríguez, responsable da web "Leer y Vivir" -a quen lle debemos a idea do Grupo de Traballo no que estamos inmersos o grupo de profes de O Segrel do Penedo e do que vos daremos cumplida conta máis adiante- e Antón Cortizas, mestre, escritor e amigo, que nos presentou unha fantástica, ademáis de divertida, actividade de fomento da lectura e que hoxe queremos achegarvos.
Partindo dun marabilloso texto da súa autoría "Avións de Papel" realizamos un exhaustivo traballo de busca de información. Antón propúxonos ata 10 tarefas distintas que tiñan que ver con outros tantos temas como a literatura, a música, a arte, mesmo cuestións técnicas da aviación convencional, para rematar coa construción de canda seu avión de papel que decoramos cun fermoso Haiku.
Avións de papel
palabras que lembran
camiños no vento
palabras que lembran
camiños no vento
E como non podía ser menos, a xornada rematou coas pertinentes probas de voo.
Grazas Antón, "Aprender a aprender" contigo sempre é ben divertido!!
Grazas Antón, "Aprender a aprender" contigo sempre é ben divertido!!
E dado as datas nas que nos atopamos, decidimos rematar o curso cun bo café e uns doces, que non todo vai ser traballar, non si?.
Feliz Ano compañeiras -e compañeiro, como de costume só había un...- foi un pracer compartir aprendizaxe con todas vós.
6 comentarios:
Cos nosos mellores desexos para o 2010!!
Que sigamos voando de palabra en palabra, de libro en libro.
Felices lecturas!!!
Unha magnífica reportaxe, coma sempre, a verdade é que foi un curso ben interesante e unha compañia inmellorable.
Aproveito para desexarvos un BO NADAL a tod@s @s alumn@s e profes do insti e que o ano 2010 veña cheo de desexos cumpridos.
Un bico especial para a reportera máis dicharachera. Grazas Loly polo teu optimismo e apoio.
Encarna.
Home!, as fotos están bastante ben, non hai queixa; pero é que as/os modelos...
Vaaaale, está beeennnnn! Adxudicado o título: A reportera máis dicharachera!
Mancheas de bicos para este Nadal, e cursos co mesmo espíritu de aprender e compartir.
Mancheas de bicos para este Nadal, e saúde, tempo, proxectos e bos compañeiros de viaxe.
Mancheas de bicos para este Nadal,
e FELIZ 2010 = FELICES LECTURAS!
Con agarimo desde Pazos.
Por un 2010 cheo de fermosos momentos compartidos.
Todo o mellor para as tres!!
Menudo curso, xa me gustaría a min ter asistido!!
Felices festas para vos compañeiras.
Unha aperta dende Moaña
Meu Deus, Loly, isto si que é ALFIN: Estás vendo pola chuleta para faser un avión... que sexa para ben. Bo Nadal
Publicar un comentario