mércores, 6 de maio de 2009

Roteiro polas Bibliotecas Escolares (VIII) IES Fernando Esquío (Neda)

Hoxe fun de roteiro ao IES Fernando Esquío en Neda. Xa sei que vos estaredes a preguntar como é que falo en singular, pero é que as múltiples ocupacións dos meus compas fixo imposible que me acompañaran e aínda que tentei substituilos -certamente estiven a piques de conseguilo- seique estaba escrito nalgures que nesta ocasión este roteiro o tiña que facer soa. Pero non vos preocupedes estiven moi ben acompañada e tanto o recibimento como a despedida foron estupendos.

E agora na casa, repousada e tentando explicar nesta crónica o que aconteceu, resulta que me dou de conta que non entrei na biblioteca. Imposible de crer, non si? Pois é tan certo como que hoxe estiven alí e nin lembrei ese lugar de maxia que tanto me atrae e que sempre que entro nun centro de ensino é polo primeiro que pregunto. Logo que aconteceu para que o esquecera?

Teño que confesarvos que Begoña, unha fantástica persoa e magnífica profesional, xa o sabedes todos os que a coñecedes, non estou a descubrir nada novo, é ademais, e hoxe puiden comprobalo, unha verdadeira manitas e así na fantástica exposición sobre a Historia do Libro que visitei, se pode ver dende unha pintura rupestre ata exemplos de escritura cuneiforme, unhas tablillas de cera, papiros e as caixas para gardalos, códices, un taller de encadernación, unha exposición de libros especiais e un sinfín de cousas que compoñen unha marabillosa exposición que ninguén que teña a oportunidade debe perderse.

Parabéns ás artífices deste extraordinario exemplo do magnífico traballo que se está a facer nas Bibliotecas Escolares Galegas e que dende aquí vos queremos achegar xunto co noso recoñecemento e admiración.


Begoña e Loles, xa sabedes, queda unha visita pendente á Biblioteca do IES Fernando Esquío... tremendo despiste que só pode ser debido a esa fantástica exposición da que aquí vos deixamos unha pequena pincelada.

4 comentarios:

Begoña dixo...

Moitas grazas pola túa xenerosidade, pero é certo onte cando marchaste decateime do lapsus, estabamos tan enroiadas coa exposición e cos nosos temas, as vosas sacapenas de Gaza, a vosa entrevista en Localia, o recoñecemento polo voso alcalde, as xornadas de BE... tantas cousas que sempre nos queda algo no tinteiro.
Pero case que mellor que non visitaras a nosa biblio porque así tes que voltar e quizais os teus compañeiros veñan tamén.

Un bico e grazas polo artigo e , de novo, a túa xenerosidade.

Loly dixo...

Benquerida Begoña, isto non é cuestión de xenerosidade senón de recoñecemento ao traballo ben feito, á ilusión posta no que se fai... algo que deixou moi claro o voso director nun artigo que eu onte lle agradecín en persoa.
http://blogfesquio.blogspot.com/2009/04/grazas-por-tanto-traballo-excepcional.html

Antonio Martínez dixo...

Que é iso dunha entrevista en Localia...
Non fumos pero estivemos moi representados.
Fermosa exposición e fermoso traballo.

O Segrel do Penedo dixo...

Non viñéchedes e por iso "esquecimos" visitar a Biblioteca... A próxima vez non haberá desculpa!!

Related Posts with Thumbnails