sábado, 9 de mayo de 2009

Presentación do "Dicionario de Escritores de Deza"

Onte, asistimos, no Museo Ramón María Aller Ulloa de Lalín, á presentación do "Dicionario de Escritores de Deza" obra da nosa amiga Gracia Santorum.

Xuntámonos un bo grupo de amigos e amigas que disfrutamos coas palabras de Mario Pereira, autor do limiar, nos emocionamos coas de Gracia, rimos e moito con Celso Fernández Sanmartín un fantástico contacontos e non esquecemos a Diego Rojo que acompañou o acto coa fermosísima música do seu laud.

Disfrutamos porque ela disfrutou, era o seu día e aínda que os nervos non deixaron de facer acto de presenza temos que dicir que non se notaron nada. A "autora" móvese por este terreo como peixe na auga, é o seu, falar de libros, de lecturas, de bibliotecas escolares e como non, tamén se falou de blogs.

Benquerida Gracia felicidades e dende O Segrel desexámosche unha longa e prolífica carreira.

E como en todas as nosas celebracións, xa sabedes... non podía faltar a reportaxe gráfica. Desculpade a calidade, pero nesta ocasión, e dado o emotivo do momento, non nos movimos da nosa cadeira.



A noticia na prensa:
La Voz de Galicia
Entrevista a Gracia Santorum

10 comentarios:

Ronsel dijo...

Foi emocionante porque vós estabades alí. Aínda é emocionante pola reportaxe. Grazas, por ambas cousas, e máis.
Por que non vexo as fotos???
Bicos, bicos, bicos

bibliotecadocole dijo...

Xa me tardaba a túa reportaxe,compañeira. Si que foi un placer estar alí,ben se ve, que non se nos despegou o sorriso da cara.
Biquiños

olga dijo...

Lástima non ter podido asistir.
Parabéns á autora. E parabéns á reporteira que nos fai chegar un eco do que foi o acto.

Loly dijo...

Foi un placer estar alí compartindo un momento tan especial e imposible de transmitir nesta mini reportaxe.
Hai sentimentos que non se poden explicar.
Bicos para as tres.

Antonio Martínez dijo...

Nin pracer nin emocionante: 22o quilómetros, un libro, unha cervexa e un pincho. A calquera cousa se lle di emocionante...
Que non..

O Segrel do Penedo dijo...

Que últimamente seique estás unha miaxiña "cínico"...
Que non...

Beni dijo...

Foi un placer compartir esa xornada tan especial para Gracia con tod@s vós

Marina dijo...

Pois a min o que me dades é envexa por estar alí rodeando a Gracia e tomando unha cervexa e un pincho, eu tamén quero..... Esta claro pola reportaxe que tivo que ser xenial. Ben por Gracia e ben por vos que sempre estades onde tedes que estar.

Montse dijo...

!Loly, si no llega a ser por ti, no me entero! Des de aquí mis felicitaciones.

Loly dijo...

Beni o mesmo digo.
Marina botámoste en falta, pero todas estabades ali connosco.
Montse, esta es unha de las marabillas de la blogosfera... Tan lejos y tan cerca!!
Bicos para los tres

Related Posts with Thumbnails