sábado, 16 de mayo de 2009

Celebración do "Día das Letras Galegas"


Onte, e como ven sendo habitual nestes últimos anos, o Día das Letras Galegas convértese nunha gran celebración en O Segrel.

O alumnado da ESO foi o protagonista principal dunha programación de actividades ben intensa e que se desenvolveu ao longo de toda a mañá, dende as 08.25 ata as 14.05.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS
  • Poemas para un Día: Organizado o noso Álbum de Poemas fixemos unha lectura dos mesmos.
Todas estas actividades estiveron amenizados dende Radio Barullo con música galega.

Unha festa esgotadora, que comezamos a organizar hai algúns días, pero moi gratificante pola resposta do alumnado que incansable seguiu todas as actividades propostas con grande interese e un comportamento magnífico, e a implicación do profesorado perparando probas e participando ao longo da mañá para que todo resultase perfecto.

Velaí o álbum desta fermosa xornada



GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

5 comentarios:

Inma dijo...

Hola vese que os nenos tiberon un día atareado e sobre todo notabase nas suas caras que estaban concentrados no que estaban a facer tanto nos xogos como na xincana un saudo

Antonio Martínez dijo...

Tanto traballo...cansosó de mirar. Parabéns (como sempre)

Loly dijo...

Inma, Toño, tedes razón, foi un día ben atareado, pero gratificante, sobre todo hoxe despois de comentar co alumnado de 4º como seguen a vivir, ano tras ano, a celebración das Letras. Disfrutaron de todas e cada unha das actividades. Fantástico!!

olga dijo...

Así me gusta: facendo as honras ó principio de actividade que, en román paladino, di que "quen non ten que facer...busca"
¡Abofé que estes non tiveron que buscar!
Parabens ós organizadores de tanta marabilla!

Loly dijo...

Grazas Olga e parabéns a ti por esa magnífica webquest que fixo posible que Malpica e Fene estiveran un chisquiño máis preto no Gran Día.
Bicos

Related Posts with Thumbnails