Hoxe coñecimos a noticia que fai que este sexa un día moi triste para todos os que amamos a música. Antonio Vega faleceu esta mañá.
Antonio Vega entrou a formar parte do panorama musical español en 1980 co grupo Nacha Pop do que era considerado a súa alma mater e co que será recordado por temas como "Lucha de gigantes" ou "La chica de ayer" un clásico xa.
Desfeita a banda, inicia a súa carreira en solitario con temas marabillosos como "Tesoros", "Se dejaba llevar"ou o inesquecible "El sitio de mi recreo". O seu último disco publicouse no 2005 "3000 noches con Marga", en homenaxe á que fora a súa compañeira.
Antonio Vega, inesquecible!!
Especial Antonio Vega de RTVE.es
Antonio Vega en Imaxes
Crédito da imaxe El País
15 comentarios:
É certo que é inesquecible. Para min un dos mellores compositores das últimas décadas. Moitos buscaron a súa colaboración porque as súas cancións transfórmanse acompañados por el. Para sempre nos queda a súa música.
Para mín é un maravilloso compañeiro de viaxe, sempre me acompaña no coche,sempre cantamos xuntos.Xa me queda a pena de que nunca tiven a oportunidade de escoitalo en directo.
Claro, que vou dicir, que comparto ademiración e canción. E que, por certo, che roubei o traballo sen agardar permiso. Tal era a présa! Perdoa, por favor!
Bicos
Begoña, inesquecible, marabilloso, sensible, tenro...
Isa, tamén nós cantamos xuntos e seguiremos facéndoo. E tanto que si!!
Ronsel, estamos encantados de compartir e por Antonio Vega... ata perdoaríamos que non se nos referenciara. -Que non é o caso!!
Bicos para as tres e para Antonio onde queira que estea!!
"Donde nos llevó la imaginación..."
A letra de SITIO DE MI RECREO é unha das composicións poéticas mais fermosas. Unha recompilación moi agradable de escoitar.
Un bico.
Xa vexo que hai máis Begoñas na rede de amigos do Segrel. E tamén esta ten unha dor na alma por non ter asistido en directo algún dos seus concertos. Antonio Vega é alguén moi especial para os que amamos a música, como ben dís Loly, e non morre porque seguiremos cos seus temas na punta da língua, cantandoos no coche a toda voz ou na lágrima na punta do ollo, como ten que ser.
Gracias polo artigo
Decir nada novo soamente quero expresar os meus respetos a un músico non dos 80 senón un dos mais grandes da música española de tódolos tempos. As súas composicións, a súa voz e a súa interpretación non as poderei esquecer nunca. Nin quero.
Ata sempre Antonio.
Encarna, ese é o meu tema favorito, pero sen esquecer o resto.
Begoña xa ves, "o bo abonda"!!!
E como xa lle comentaba a Isa "seguiremos cantando xuntos"!!
Totalmente de acordo contigo Cristina e benvida a estes lares, esperamos seguir contando cos teus comentarios.
Bicos
Os que vivimos os 80 a tope, nunca nos esqueceremos deste home e das súas letras coas que reivindicabamos un mundo para vivir ó noso xeito. Mágoa da súa perda, sempre nos quedarán as súas letras e a súa música.
Marina, sempre nos quedará... Antonio Vega!!
Crecí con "Chica de ayer" y "Una décima de segundo"; y me doy cuenta de que en una décima de segundo la vida puede cambiar para siempre.
Estupendo homenaje al que me sumo.
Victor, un homenaje merecidísimo y que, como podemos comprobar, se convierte en otro elemento más de unión de un buen grupo de amig@s.
Bicos dende Galicia.
Me asomo a la ventana,en mi desordenada habitación,desde el sitio de mi recreo,soy la chica de ayer que se dejaba llevar por ti.HASTA SIEMPRE POETA
Sultansofswing61 un placer encontrarte en este homenaje al músico, al cantante, al poeta...
Hasta siempre!!
...
Publicar un comentario