sábado, 22 de novembro de 2008

Agradecemento @s "Regueifeir@s"

Nautilus, Mesturas, Chispa,
Andrade, Mik e Aurora,
Escola Unitaria, Beni,
Toñito, Marina e Mónica,


A Bibliotecadocole,
Loly tamen O Segrel

vaia festa que montaron

Regueifando, e moi ben!!

Máis vós sodes unha parte
dos que aquí xa colaboran
uns escribides regueifas
outros cantan e ata choran

Pero non vos asustedes
cando eu falo de chorar
e que aqueles que nos len
de rir non poden parar

Benqueridos regueiferos
para isto agradecer
berrarei ben alto e forte
coma vós non hai ninguén!!”

1 comentario:

bibliotecadocole dixo...

Os alumnos de sexto do Ceip Quintela teñen algo que decir:
Juan:
Os do Segrel do Penedo
En rimas vennos falar
E nós con rimas
Ímoslle contestar.

Mara:
Os do Segrel do Penedo
Din que somos uns artistas
E excelentes periodistas.

Eles a nós
Cáennos moi ben
Pero non sabemos
Que é o que se lles da ben.

Adrián:
Eu son Adrián
E estou moi despistado
Non consigo rimar
Nin facer un pareado.

Rodrigo:
Eu fago uns pareados
Que vos deixo flipados.

Paula:
Eu son Paula
Do colexio de Quintela
O cole máis guai
De aquí a Inglaterra.


Eva:
Pola mañá ao chegar
E comezar a traballar
A última hora
Estamos tan cansados
Que marchamos para casa
Facendo pareados.

Sergio:
En sexto metémonos a periodistas
E somos moi bos facendo entrevistas.
Dis que temos un blog fenomenal
Tranquis, tíos, que cando remate o curso
Xa non o facemos máis

Emma:
Estou na clase de sexto
Pensando como rimar
E a profesora dime
¡empeza a traballar!

Laura:
Os alumnos de sexto de Quintela
Somos a tela.
Facemos unha chea de cousas
Sen darnos de conta.

Somos sete nenas
E seis nenos
En total somos trece
Pero facemos barullo
Como si foramos cento dezasete

O día a día na clase
É bastante bo
Pero hai días que facemos
Trasnadas a montón.

Daniel:
Eu son Daniel
E non se me ocorre nada
Por iso a profe dí
Que a miña imaxinación está agotada.

Lois:
En Quintela estudiamos
E algúns aprobamos
Xogamos ao basquet cos amigos
Sen meternos en líos
ao fútbol xogamos contra todos
e gañamos sempre nós, os bobos
En clase somos os mellores
pero non somos empollones
e díxome a miña amiga Xiana
que aínda facedes pis na cama.

Helena:
Temos moita experiencia
Non fai falta dicir nada
Somos os mellores
Facendo entrevistas de nada
Non queremos tantos halagos
Xa estamos agotados
Toda a xente dí o mesmo
Dos nosos traballos
Pero grazas de todas formas
Penso que poderemos soportar
Outro halago de nada:
O ignoramos, e xa está.


Isa:
Eu son a profesora
E téñovos que contar
Que todo o que eles din
E mentira ata o final

E mentira ata o final
Todo é un invento
Non fagades ningún caso
A esta pandilla de sexto.

Teñen pouca cabesiña
E non saben que inventar
Para botar unhas risas
E deixar de traballar.

Menos mal que está a profe
Para pórlles sentidiño
Senón estes non rematan
A primaria neste siglo.

A primaria neste siglo
Teñen que rematar
non os queremos no cole
nin un só día máis.

Nin un só día máis.
Que para eles aguantar
Hai que ter moita paciencia
E xa non vai quedando máis.

Biquiños dende Moaña

Related Posts with Thumbnails