O pasado luns, tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do CEIP Bispo Guerra Campos, a sinatura da addenda 2008 ao convenio para a mellora das bibliotecas escolares, entre o MEC e a Consellería de Educación, por parte de Sra. Ministra e a Sra. Conselleira.
Ao acto, entre outras persoas, fomos invitados os responsables de Bibliotecas Escolares.
Esta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.
Hoxe en BertamiránsEsta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.
Ministra e Conselleira
nun "fermoso" acto estiveron
que sellaron cunha aperta.
Non esquezades a data (24N)
hoxe é día de alboroto,
hoxe é día de ledicia,
hoxe ela confirmouno!!!
A Sr. Conselleira
ante a Ministra afirmou
que no próximo ROC
con tempo alí estamos nós.
So temos que esperar
pídenos ela máis tempo
tempo é o que nós pedimos
seique todos o teremos.
E aquí remata a historia
dunha xornada festiva
o que queira saber máis
terá que esperar un día... (ou dous!!)
Para ler a crónica completa...
Milladoiro - Crónica do "Acto" (II)
Bibliobóveda - Crónica do "Acto" (III)
2 comentarios:
Fermosa crónica dun fermoso día, feita por unha periodista?, unha regueifeira?, unha bibliotecaria?, unha mestra?, unha profesora?, unha catedrática?, unha xefa de estudos?,... unha amiga.
Eres moito para ser só unha.
Parabéns.
Despois das crónicas lidas,
disque, seique agora falta
que logo desa "conversa"
conclusións saquemos claras.
E a miña conclusión
eu si saquei, e moi clara
a Conselleira falou...
escrito, non deixou nada.
E cando fala esta xente,
os politicos de "pró",
as palabras leva o vento
e estas o vento levou.
Máis desexo equivocarme
sacando esta conclusión
e na proxima xuntanza
celebrareino con vós!!!!!!
Publicar un comentario