martes, 25 de novembro de 2008

25N: Contra a Violencia de Xénero (II)

"Ela" In Memoriam
El morreu hai trinta anos.
A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado.
Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días.
Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén.
Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara.
Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio.
Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.
O muro caeu o día do enterro. Dela

Novembro de 2008
Vía Milladoiro



Hoxe, como ven acontecendo dende que saímos á blogosfera, as Bibliotecas Escolares Galegas unímonos en prol dos Dereitos Humanos para decir NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

BASTA XA!!
Non máis mulleres mortas, humilladas, amedrentadas, asoballadas, avergonzadas, sometidas, apaleadas, encarceladas nas súas propias casas
presas do horror e do medo vítimas da persoa á que un día amaron e que, tal vez... as amou algunha vez?
Non máis muros, non máis silencios... NON MÁIS "ELAS"

2 comentarios:

Leo dixo...

Todo esto pagará a pena, se vale para que unha soa muller se sinta o suficientemente forte como para sair do seu inferno.

desde Malpica, bicos e azos

a Ponte Vella dixo...

Tamén nós o celebramos na Biblioteca do IES de Rábade utilizando o voso vídeo. Grazas e saúdos.

Related Posts with Thumbnails